InicioOrientalTrabadaRubén García: "Necesitamos a brigada contra o lume todo o ano para...

Rubén García: “Necesitamos a brigada contra o lume todo o ano para prevención”

O Concello de Trabada e a Deputación de Lugo asinaron recentemente un convenio para a realización de diferentes obras no termo municipal. O alcalde, Rubén García, fai unha relación dos diferentes puntos quen se investirán os fondos do convenio. Tamén explica cal é a situación da brigada municipal contra o lume e a necesidade da súa contratación para tarefas de limpeza no monte para a prevención de incendios

Publicada o

- Advertisement -

-Cal é a finalidade do convenio entre o Concello de Trabada e a Deputación de Lugo?

Hai varias actuacións como as da parroquia de Fornia que serán a renovación do parque infantil e outra é a mellora no acceso ao campo da festa. Reformas no teleclube de Vilaformán e a reforma exterior e dos accesos do teleclube de Vilapena e logo está a mellora de estradas na parroquia de Sante.

-Cal será a primeira obra en levar adiante ou hai algunha que teña algunha urxencia?

Tentaremos licitar todas ao mesmo tempo e logo a empresa levará adiante o traballo segundo a carga de traballo que teña. A idea é sacalas canto antes, preparar toda a documentación e executar as obras segundo poidamos.

-Aínda que se tente licitar todo ao mesmo tempo algunha delas ten máis présa que outras?

Todas teñen urxencia mais o equipo de goberno de Trabada estamos centrados en repartir actuacións en todas as parroquias. Agora mesmo estamos rehabilitando a vivenda da antiga escola de mestres en Valboa, facemos actuacións na parroquia de Trabada e outras obras realizaránse en Vidal e Vilaformán, o que tentamos facer é priorizar as actuacións sobre todo na reforma de estradas. Tamén actuaremos sobre locais sociais do concello e así ir chegando a todas as parroquias.

-Non se priorizan as vías de comunicación?

Dous dos seis proxectos son estradas e outras son accesos ou zonas de aparcadoiro. Somos un concello de 82 km de vías de comunicación e imos reformándoas. Temos tamén ese proxecto inicial das vías principais que conectan as vías provinciais e locais onde metemos aglomerado.

-As actuacións en estradas fanse buscando o equilibrio co mesmo tipo de obras en concellos veciños?

Xa digo que priorizamos as que teñen máis necesidades dentro de Trabada con maior desgaste. Nós tentamos petar en todas as portas, Deputación, Xunta e mesmo Goberno do Estado para subvencións que encaixe en Trabada. En breve comezarán as obras nunha vía de comunicación que une o noso concello co de Barreiros.

-Vanse realizar obras de abastecemento e saneamento mediante este convenio?

De momento non temos previsións sobre todo isto. É certo que solicitaramos xunto con outros concellos o PERTE da auga, aínda non temos noticias, mais é un dos puntos marcados na folla de ruta do noso equipo de goberno. Direi que en canto ao tema da auga estamos preparando o proxecto dunhas balsas de auga e que presentaremos á Xunta. A idea é resolver os problemas de auga dos últimos anos con incendios e problemas de seca. Tamén queremos crear novos sistemas para controlar a auga nos depósitos e para aforrar custo e tempo en achegarse un por un a cada depósito. Ademais buscamos implantar un sistema de medición do nivel de auga neses depósitos. Depois do verán tamén realizaremos reunións con xente de Trabada que teñan captacións veciñais propias para asesoralos de cara ás axudas das traídas de auga veciñais e que non son captacións municipais.

-Haberá investimentos en canto prevención dos incendios forestais?

Solicitamos a brigada de incendios e seguimos traballando co mesmo equipo. En todos os concellos son contratos de tres meses cando as brigadas deberan traballar todo o ano. Non é cuestión de ir apagar o lume senón de prevención e a Xunta debera tomar medidas neste sentido e, por tanto, da mesma maneira que saca axudas para contratar as brigadas, eses contratos deberan ser anuais para ter experiencia, mais en tres meses non se pode ter todo desbrozado todo o ano. Ademais, seguimos contando coa mesma brigada contratada só tres meses e a nosa motobomba ten moitos anos e cada pouco tempo ten que ir a reparación.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...