InicioOrientalTrabadaSegunda edición da ruta de sendeirismo en Sante, Trabada

Segunda edición da ruta de sendeirismo en Sante, Trabada

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “esta iniciativa é un magnífico exemplo de como unir deporte, tradición e gastronomía para dinamizar a vida das parroquias"

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Sante celebrará o vindeiro domingo 31 de agosto unha xornada de deporte, natureza e gastronomía coa organización da II Ruta de Sendeirismo “Voltiña a Sante” e unha gran paellada popular. A actividade está promovida pola Asociación de Veciños San Julián de Sante e Trabada paso a paso, coa colaboración do Concello de Trabada.

A ruta dará comezo ás 11:00 horas desde o Teleclub de Sante, con dúas opcións de percorrido: unha máis curta de 6,04 km e outra longa de 8,36 km, ambas de dificultade media e cunha duración aproximada de 2 horas e media. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo.

Tras o sendeirismo, a partir das 14:30 horas, o polideportivo de Sante converterase no punto de encontro para a gran paellada popular, na que se servirá un menú completo con paella mixta, pan, bebida, sobremesa e café. Os prezos son de 15 € para socios da asociación, 20 € para non socios e 15 € para as persoas participantes na ruta. A comida estará amenizada polo DJ Marco.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “esta iniciativa é un magnífico exemplo de como unir deporte, tradición e gastronomía para dinamizar a vida das parroquias. Desde o Concello apoiamos con firmeza o traballo das asociacións, que contribúen a fortalecer a convivencia e poñer en valor o noso territorio”.

Desde o Concello e a organización anímase á veciñanza e visitantes a participar desta xornada, pensada para desfrutar do sendeirismo e da boa compañía nun ambiente festivo e participativo.Rut

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...