InicioOrientalTrabadaTrabada abre o seu primeiro circuíto de pump track

Trabada abre o seu primeiro circuíto de pump track

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a boa acollida desta infraestrutura: “Desde o primeiro día no que se remataron as obras, o circuíto de pump track recibiu visitantes e usuarios diariamente"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de rematar as obras de construción do novo circuíto de pump track, unha instalación deportiva que supuxo un investimento de máis de 50.000 euros grazas ao convenio asinado coa Deputación de Lugo.

Este novo espazo intégrase no complexo deportivo municipal, que xa conta cunha pista de pádel, unha pista multideporte, un campo de bolos tradicional, unha tirolina e un tobogán, consolidando así a área como un punto de referencia para o lecer e a práctica deportiva no concello.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a boa acollida desta infraestrutura: “Desde o primeiro día no que se remataron as obras, o circuíto de pump track recibiu visitantes e usuarios diariamente. É unha satisfacción comprobar que este investimento responde a unha demanda real e que a veciñanza xa o está desfrutando.”

García tamén subliñou que o Concello seguirá a traballar para ampliar a oferta deportiva e de ocio no complexo: “Pouco a pouco imos continuar mellorando estas instalacións, con novos servizos que complementen a oferta existente e que contribúan a dinamizar a vida social e deportiva de Trabada.”

Con esta nova actuación, o Concello reafirma o seu compromiso coa promoción do deporte e do lecer saudable, ofrecendo alternativas accesibles para todas as idades.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...