InicioOrientalTrabadaTrabadela e Vilapena, en Trabada, celebran as súas festas esta fin de...

Trabadela e Vilapena, en Trabada, celebran as súas festas esta fin de semana

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “desde o Concello seguimos colaborando con todas as comisións de festas, asociacións e clubs que organizan actividades culturais e de lecer nas parroquias"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada continúa apoiando a organización de eventos que dinamizan o municipio e contribúen a manter viva a tradición nas diferentes parroquias. Esta fin de semana, os lugares de Trabadela (na parroquia de Sante) e Vilapena serán escenario de celebracións con gastronomía, música e actividades para todos os públicos.

En Trabadela, o venres 1 de agosto ás 21:00 horas terá lugar unha gran churrascada popular servida por Catering Sarredo, con empanada, xamón cocido, churrasco de porco, criollo, patacas, bebida, postre e café. O prezo é de 27 € para adultos e 15 € para nenos/as de 3 a 10 anos. A partir das 23:00 horas, a festa continuará cunha verbena con discoteca móbil a cargo de SP The Sound Project.

En Vilapena, tamén o venres 1 de agosto ás 21:30 horas comezarán as na honra a Santiago Apóstolo cunha churrascada e verbena co grupo Los Adrianos. O sábado 2 de agosto celebrarase misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra Florida Band, que tamén será a encargada da verbena pola noite. O domingo 3 de agosto a festa rematará cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada polo Grupo Folixa.

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “desde o Concello seguimos colaborando con todas as comisións de festas, asociacións e clubs que organizan actividades culturais e de lecer nas parroquias. Son eventos que fortalecen a identidade local, promoven o encontro entre veciños e veciñas, e atraen visitantes ao noso territorio”.

Desde o Concello de Trabada anímase á veciñanza e visitantes a participar das celebracións e gozar dun fin de semana festivo en comunidade.


ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...