InicioOrientalTrabadaTrabada organiza a nova viaxe a Xixón o 24 de xuño

Trabada organiza a nova viaxe a Xixón o 24 de xuño

. A iniciativa está dirixida a veciños e veciñas de Trabada e a usuarias e usuarios do servizo de Terapia Ocupacional.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada impulsa unha nova actividade de lecer e convivencia coa organización dunha viaxe á cidade de Gijón, que terá lugar o 24 de xuño. A iniciativa está dirixida a veciños e veciñas de Trabada e a usuarias e usuarios do servizo de Terapia Ocupacional.

O programa da xornada inclúe a visita ao Acuario, ao Museo do Ferrocarril, xantar e o seguro de viaxe. O prezo total é de 50 euros por persoa.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición e facer o pago nas oficinas municipais do Concello de Trabada ata o 13 de xuño. As prazas son limitadas e no caso de quedar vacantes tras ese prazo, poderán acudir persoas con familiares empadroados en Trabada.

Desde o Concello de Trabada destacan que este tipo de propostas buscan fomentar a participación social, o acceso á cultura e o benestar emocional da veciñanza, promovendo espazos de encontro e dinamización comunitaria.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...