InicioOrientalTrabadaVolve o San Fernando á parroquia de Valboa en Trabada

Volve o San Fernando á parroquia de Valboa en Trabada

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada organiza unha nova edición da tradicional celebración de San Fernando, que terá lugar o venres 30 de maio na capela de San Fernando (Valboa). A xornada incluirá misa, encontro campestre e actividades para todos os públicos, mantendo viva unha das citas máis emblemáticas da zona.

O evento dará comezo ás 12:00h coa misa na capela, seguida dunha comida campestre no recinto cuberto cunha carpa. O menú incluirá empanada, croquetas, xamón cocido, paella, sobremesa con tarta de Santiago, bebida e café. O prezo será de 22 € para adultos e 12 € para nenos. Tamén se habilitará estacionamento para cabalos, mantendo así o costume de acudir a cabalo, como se facía antigamente.

As entradas estarán dispoñibles ata o luns 26 de maio nos seguintes establecementos colaboradores: Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira e Bar O Porfirio.

Rubén García Freije, alcalde de Trabada, destacou que “queremos continuar con estas tradicións que forman parte da nosa identidade. En tempos pasados, a feira de San Fernando era unha cita sinalada no calendario, á que acudían veciños e veciñas de todas as parroquias para compartir un día de celebración.”

A actividade está organizada polo Concello de Trabada co apoio da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...