InicioOrientalTrabadaTrabada solicita unha nova subvención para mellorar o pavillón municipal

Trabada solicita unha nova subvención para mellorar o pavillón municipal

Rubén Freije, alcalde de Trabada dixo: “Trala actuación de substitución da cuberta principal do pavillón, desde o Concello elaboramos un novo proxecto para realizar o cambio da cuberta das gradas, do acceso principal e do bar"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada solicita unha nova subvención á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para a substitución da cuberta das gradas, da zona de acceso e na do bar do pavillón municipal de Trabada.

Rubén Freije, alcalde de Trabada dixo: “Trala actuación de substitución da cuberta principal do pavillón, desde o Concello elaboramos un novo proxecto para realizar o cambio da cuberta das gradas, do acceso principal e do bar. Desta forma queremos seguir mellorando as nosas infraestruturas e instalacións deportivas. O custo total deste novo proxecto ascende a 60.000€”

O pavillón municipal de Trabada conta cunha ampla actividade durante todo o ano, acollendo a clase de ximnasia por parte do alumnado do colexio, a práctica deportiva do Clube Trabada Futsal, adestramentos de patinaxe, actividades da Asociación Xuvenil de Trabada, así como o desenvolvemento de campamentos, programas de conciliación e outras actividades organizadas por diferentes asociacións e clubes coa colaboración do Concello de Trabada.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...