InicioOrientalTrabadaTrabada solicita unha subvención para a eficiencia enerxética da antiga escola de...

Trabada solicita unha subvención para a eficiencia enerxética da antiga escola de Sante

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de solicitar unha nova subvención á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética da antiga escola de Sante. Neste edificio atópase actualmente o albergue municipal de San Xiao e, na súa planta superior, unha vivenda de alugueiro social que foi reformada no pasado ano.

O proxecto presentado contempla actuacións clave para a mellora da eficiencia enerxética do inmoble, como a renovación de ventás e portas, así como a instalación dun sistema de illamento térmico na fachada. O orzamento previsto para estas actuacións ascende a preto de 60.000 euros.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta axuda para seguir avanzando na optimización dos edificios municipais: “Agardamos conseguir esta subvención para continuar coa mellora das nosas instalacións. Esta actuación súmase ás xa realizadas no mesmo edificio, como foron a construción do albergue municipal na planta baixa ou a reforma integral da vivenda existente na planta superior o pasado ano”.

A vivenda situada na antiga escola de Sante está actualmente ocupada por unha familia do municipio que sufriu unha desgraza tras o incendio da súa vivenda. “Por iso, seguimos traballando no proxecto de reforma e habilitación das nosas instalacións para destinalas a alugueiro social ou para atender calquera tipo de situación de emerxencia que poida xurdir no noso concello”, subliñou o rexedor.

Con esta nova solicitude de subvención, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas municipais, garantindo así un mellor servizo e condicións de vida para os veciños e veciñas.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...