InicioOrientalTrabadaRubén García: "O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi...

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

Rubén García, alcalde de Trabada, reuniuse esta pasada semana coa Consellería de Medio Rural acompañado por agricultores especializados na Faba de Lourenzá. Esta IXP vén de sufrir un ano moi malo, cunhas perdas na produción debastadoras e por iso, tanto autoridades como agricultores deciden que son necesarias medidas rápidas que permitan a continuidade desta produción.

Publicada o

- Advertisement -

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron maiores ou equiprables a outros concellos que cultivan esta semente?

Eu entendo que no caso de Trabada os danos foron maiores en comparación con outras zonas. Un exemplo, veciños de aquí que labraron dúas hectáreas e finalmente deberían ter recollido uns 2.000 kg, case 3.000 kg, acabaron recollendo nalgunhas fincas 40kg. Quizais son os casos máis extremos mais houbo quen tivo perdas por un valor do 80%. Son cifras insustentables.

-Cales foron as causas destas perdas na recollida de faba?

Debeuse ao exceso de choiva en 2024 e logo á calor do bo tempo e estes dous elementos unidos permiten a expansión de fungos que apodrecen a faba. Pola contra, 2023 foi un ano de seca, non foi un ano tan malo mais tampouco chegou ás expectativas doutras tempadas. En tal caso, este ano, e logo de reunirme coa maioría de produtores de Trabada, podo dicir que todos están nunha situación moi similar. Ademais, parte destes produtores dedícanse por enteiro á faba, logo hainos que teñen outros cultivos para a rotación nos terreos.

-Cal sería a perda para o Concello de Trabada en canto a ingresos municipais por culpa desta situación? Prupúxoselles a estes agricultores outras alternativas?

Non fixemos os cálculos mais está claro que cando o Concello perde, os veciños tamén perden, máxime sendo Trabada un lugar con forte presenza da agricultura e da gandaría. Sobre a segunda pregunta, a Consellería de Medio Rural non falou directamente sobre alternativas mais si de dar conferencias e formación de cara a rotar os cultivos. Xa temos poucos produtores de faba e pedirlles que cambien de cultivo non parece moi acaído. Débese apoiar economicamente ou con créditos sen xuros para impulsar o cultivo e facer estudos en toda a comarca para encontrar produtos máis resistentes aos fungos. Por outra parte, a actitude da Consellería foi aberta e positiva, algo que debe ser así, indempendentemente das cores políticas. Mais debo dicir tamén que sería moi bo sacar os créditos sen xuro antes de que se inicien os labores de semente da faba.

-En canto ao terreo político, o voceiro do PP local, José María Fernández, falaba dunha falta de atención á súa persoa e demandas no Concello durante os plenos, mesmo ter o silencio por resposta.

Creo que se demostrou de maneira suficiente durante este ano que levo como alcalde, podo dicir que comigo e cos meus compañeiros si se pode falar, así se ve. Eu mesmo téñome reunido con outras administracións doutras cores políticas e nunca tiven problema. Tamén acordamos as obras coa traída de auga co Concello de Ribadeo que é doutra cor política. Por tanto, considero que isto é máis ben unha cuestión persoal do voceiro que da Alcaldía.

ÚLTIMAS

A exconcelleira de Igualdade de Viveiro dimite e renuncia á súa acta como edila

A exconcejal de Igualdade en Viveiro, Lara Fernández-Noriega, decidiu presentar a súa dimisión e...

Cervo Concilia para esta Semana Santa

O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta...

Burela acollerá o XV Encontro de Palilleiras o 17 de maio

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras...

Récord de participación na Carreira das Praias en Barreiros

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros segue a medrar e a consolidarse como un...