InicioOrientalTrabadaTrabada celebra unha nova edición dos Cantos de Taberna para dinamizar a...

Trabada celebra unha nova edición dos Cantos de Taberna para dinamizar a hostalería local

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa para a dinamización do municipio: “Como todos os anos, desde o Concello de Trabada organizamos os Cantos de Taberna nos diferentes locais de hostalería co obxectivo de impulsar a economía local"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada organiza unha nova edición dos Cantos de Taberna, un evento musical e festivo que terá lugar o venres 28 de marzo. A cita contará coa participación de diversos grupos que animarán a xornada nos seguintes locais:

  • Bar O Porfirio con A Chocolateira
  • Mesón Camiño Norte con No Cómbaro
  • Taberna da Curuxeira con Mon & Cía

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa para a dinamización do municipio: “Como todos os anos, desde o Concello de Trabada organizamos os Cantos de Taberna nos diferentes locais de hostalería co obxectivo de impulsar a economía local. Esta actividade forma parte do noso compromiso coa promoción cultural e turística do noso concello, complementando outras moitas iniciativas ao longo do ano”.

Os Cantos de Taberna consolidáronse como unha tradición en Trabada, promovendo a convivencia veciñal e ofrecendo unha alternativa de ocio que fortalece o sector hostaleiro local.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...