InicioOrientalTrabadaCursos de formación da AAVV San Xulián de Sante xunto ao Concello...

Cursos de formación da AAVV San Xulián de Sante xunto ao Concello de Trabada

A formación será impartida por expertos na materia e combinará explicacións teóricas con demostracións prácticas para que os participantes poidan aprender de forma aplicada

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Veciños San Julián de Sante continúa co seu ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita. Dentro deste programa, o vindeiro 8 de marzo celebrarase un curso de enxerto no Teleclub de Sante en horario de 10:00 a 19:30 horas.

Esta xornada está deseñada para ensinar técnicas de enxerto que permitan mellorar o desenvolvemento e a produtividade das árbores froiteiras. A formación será impartida por expertos na materia e combinará explicacións teóricas con demostracións prácticas para que os participantes poidan aprender de forma aplicada.

O curso enmárcase dentro do ciclo formativo que xa contou cun de poda e que continuará con formacións en apicultura e elaboración de marmeladas, completando así unha proposta integral para fomentar o coñecemento e aproveitamento dos recursos naturais.

O alcalde de Trabada, Rubén García, salientou a importancia destas iniciativas que contribúen a dinamizar o concello e a ofrecer novas oportunidades de aprendizaxe para a veciñanza. Así mesmo, reafirmou o compromiso do Concello de Trabada en seguir apoiando proxectos que favorezan o desenvolvemento rural e a sustentabilidade.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...