InicioOrientalTrabadaA Xunta prevé o funcionamento da torre de comuncación en Trabada para...

A Xunta prevé o funcionamento da torre de comuncación en Trabada para este mes

Publicada o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, avanzou que está previsto que entre en funcionamento este mes a nova torre de comunicación que instalou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en Fórnea para mellorar a cobertura móbil en Trabada. Arias mantivo unha xuntanza co portavoz do PP no concello, José María Fernández, que se interesou por esta e outras iniciativas que desenvolve o Goberno galego no municipio.

O delegado lembrou algunhas das actuacións impulsadas nos últimos meses desde distintos departamentos autonómicos, como a mellora do firme da estrada LU-132 no núcleo urbano, á que se destinaron 91.000 euros, ou as axudas para a substitución da cuberta do pavillón polideportivo e para cubrir o parque infantil, que sumaron case 96.000 euros. Tamén se investiron 55.000 euros no acondicionamento da vía de acceso aos núcleos de A Trapa e A Órrea a través do Plan Marco.

Igualmente, subliñou que a Xunta financia con máis de 230.000 euros o Servizo de Axuda no Fogar, e con máis de 46.000 euros os servizos sociais comunitarios a través do Plan Concertado.

ÚLTIMAS

Eduardo Míguez: “A frota máis grande de Celeiro é a de Gran Sol con 30 barcos”

-Cantos barcos compoñen a día de hoxe a frota de Puerto de Celeiro e...

Sanidade Pública da Mariña reclama a restauración da antiga área sanitaria

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña e varios colectivos sociais e...

O BNG reclama en Viveiro á Xunta que “fortaleza” a Sanidade Pública

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, pediu ao PPdeG que "acabe coa situación" da...

O PSdeG critica ao PP por deixar a sanidade da Mariña “case en colapso”

A secretaria de organización do PSdeG e deputada no Parlamento galego, Lara Méndez, participou...