InicioOrientalTrabadaTrabada conmemora o 8M cunha proxección cinematográfica sobre a forza das mulleres

Trabada conmemora o 8M cunha proxección cinematográfica sobre a forza das mulleres

Publicada o

- Advertisement -

Co gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do programa “Cine na Rúa”, ofrecendo a proxección do filme “Oro Blanco”. A cita terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.

“Oro Blanco” é unha película que aborda a loita dunha muller nun ambiente hostil dominado polo medo, resaltando valores de resiliencia, coraxe e determinación. A escolla deste filme non é casualidade, xa que representa á perfección o espírito do 8M, un día para reivindicar os dereitos das mulleres e reflexionar sobre os desafíos que aínda están por superar.

Desde o Concello de Trabada convidan a toda a veciñanza a participar nesta actividade, que busca non só ofrecer unha experiencia cinematográfica de calidade, senón tamén xerar un espazo de reflexión e debate sobre o papel das mulleres na sociedade.



ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...