InicioOrientalTrabadaTrabada solicita unha subvención para a mellora e a reforma do Teleclub...

Trabada solicita unha subvención para a mellora e a reforma do Teleclub de Sante

O proxecto, cun orzamento superior aos 51.000 euros, inclúe a instalación dunha rampa de accesibilidade que permitirá o acceso de cadeiras de rodas, así como a reforma interior do local para optimizar os espazos e mellorar a súa funcionalidade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de solicitar unha nova axuda á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para levar a cabo un proxecto de mellora da accesibilidade e renovación do Teleclub de Sante. A actuación busca garantir que todas as persoas, incluídas aquelas con mobilidade reducida, poidan acceder e utilizar as instalacións en condicións óptimas.

O proxecto, cun orzamento superior aos 51.000 euros, inclúe a instalación dunha rampa de accesibilidade que permitirá o acceso de cadeiras de rodas, así como a reforma interior do local para optimizar os espazos e mellorar a súa funcionalidade.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa dentro do compromiso municipal de renovar e mellorar os locais do concello. “Queremos que os nosos veciños e veciñas poidan desfrutar das diferentes actividades que se desenvolven en todas as parroquias nunhas instalacións renovadas e en boas condicións”, afirmou.

Dende o Concello de Trabada agárdase que esta axuda permita levar a cabo as melloras previstas, contribuíndo así a crear espazos máis accesibles e cómodos para toda a veciñanza.


ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...