InicioOrientalTrabadaTres feridos nun accidente frontal entre dous vehículos en Trabada

Tres feridos nun accidente frontal entre dous vehículos en Trabada

O sinistro tivo lugar pouco antes das 8,00 horas da mañá, cando un turismo e un vehículo mixto adaptable (pode usarse como furgoneta para carga ou como transporte de persoas con 9 prazas) chocaron de fronte á altura do quilómetro 6,400 da LU-P-6103, no termo municipal de Trabada.

Publicada o

- Advertisement -

Tres homes resultaron feridos este martes nunha colisión frontal entre dous vehículos, rexistrada nunha estrada provincial de Trabada, segundo informaron fontes da Comandancia da Garda Civil de Lugo e de Urxencias Sanitarias 061.

O sinistro tivo lugar pouco antes das 8,00 horas da mañá, cando un turismo e un vehículo mixto adaptable (pode usarse como furgoneta para carga ou como transporte de persoas con 9 prazas) chocaron de fronte á altura do quilómetro 6,400 da LU-P-6103, no termo municipal de Trabada.

Como consecuencia do impacto, resultaron feridos o condutor e o ocupante do turismo, e tamén foi trasladado un terceiro home, segundo informou o 061.

Así, Urxencias Sanitarias enviou á zona unha ambulancia de soporte vital avanzado, que trasladou a dous homes, J.T.R. e M.P.V., de 55 e 62 anos de idade respectivamente; outra ambulancia de soporte vital básico evacuou a un terceiro home, J.C.F., de 57 anos de idade. O tres foron trasladados ao Hospital Público da Mariña.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...