InicioOrientalTrabadaTrabada organiza para a veciñanza unha viaxe a Astorga, León, As Médulas...

Trabada organiza para a veciñanza unha viaxe a Astorga, León, As Médulas e Ponferrada

Segundo o alcalde de Trabada, Rubén García, "o obxectivo desta proposta é facilitarlle á veciñanza a posibilidade de coñecer diferentes lugares do noso país con tódalas comodidades e cunha planificación detallada da viaxe"

Publicada o

- Advertisement -

O programa Viaxa co Concello de Trabada promove o turismo cultural cunha nova viaxe organizada para os próximos días 29 e 30 de marzo. A actividade está destinada aos veciños e veciñas empadroados no municipio maiores de idade e ofrece unha oportunidade excepcional para descubrir importantes enclaves patrimoniais e culturais.

O prezo da viaxe é de 165€ por persoa e inclúe visitas guiadas ao Palacio de Gaudí en Astorga, ó museo e á Catedral de Astorga, As Médulas e o Castelo dos Templarios de Ponferrada. Ademais, están cubertos os gastos de comidas e cea, con aloxamento nun hotel de 4 estrelas en León e seguro de viaxe.

Segundo o alcalde de Trabada, Rubén García, “o obxectivo desta proposta é facilitarlle á veciñanza a posibilidade de coñecer diferentes lugares do noso país con tódalas comodidades e cunha planificación detallada da viaxe”.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición e realizar o pagamento nas oficinas municipais ata o 12 de marzo. No caso de que queden prazas dispoñibles tras esta data, poderán acudir persoas con familiares empadroados en Trabada.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...