InicioOrientalTrabadaA parroquia de Trabada será zona tampón contra a prada da 'polilla...

A parroquia de Trabada será zona tampón contra a prada da ‘polilla da pataca’

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada informa que, conforme á Resolución da Consellería de Medio Rural,
publicada no Diario Oficial de Galicia o 3 de febreiro de 2025, a parroquia de Trabada pasa
a considerarse zona tampón pola presenza da praga Tecia solanivora Povolny (polilla
guatemalteca da pataca).
O que permite que agora se poida cultivar pataca, sempre que
se presente unha Comunicación Responsable da plantación antes do 1 de abril.


O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, expresou: “É fundamental que os veciños da
parroquia de Trabada presenten a comunicación responsable antes do 1 de abril para garantir que as plantacións se fagan de maneira controlada, protexendo a nosa produción agrícola e a sustentabilidade do sector”.


No resto das parroquias do concello, a plantación de pataca poderá realizarse libremente.
O modelo para a Comunicación Responsable pode recollerse e presentarse no Rexistro do
Concello, na Oficina Agraria Comarcal ou en calquera dos rexistros establecidos pola
normativa.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...