InicioOrientalTrabadaA presenza de Trabada en FITUR reforza o impulso ao turismo na...

A presenza de Trabada en FITUR reforza o impulso ao turismo na Mariña Oriental

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Trabada, Rubén García, participou na 45ª edición da Feira Internacional de
Turismo (FITUR), que se celebra estes días en Madrid. A súa presenza nun evento de tal
envergadura ten como obxectivo promocionar o concello e potenciar a visibilidade da Mariña Oriental, unha comarca en constante crecemento no ámbito turístico.

Rubén García subliñou a importancia de estar presentes en FITUR, asegurando: “é importante dar a coñecer tamén o noso pequeno concello nun gran sitio coma este.
Agardamos que isto poida repercutir no que é xa o turismo que ano a ano vai medrando
na nosa comarca, na Mariña Oriental, e que este tipo de eventos poida dar a coñecer o
noso concello e toda a comarca da Mariña.”


A participación en FITUR rearma o compromiso do Concello de Trabada por fomentar o
turismo na zona e atraer máis visitantes, contribuíndo ao desenvolvemento económico
local e comarcal. A visita de Rubén García a este evento internacional tamén é unha
mostra do traballo conxunto entre os concellos da Mariña Oriental para mellorar a súa
oferta turística e posicionarse como destino preferente para os viaxeiros.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...