InicioOrientalTrabadaO PP de Trabada instará pedir cámaras de vixilancia para evitar condutas...

O PP de Trabada instará pedir cámaras de vixilancia para evitar condutas delitivas

Publicada o

- Advertisement -

Os concelleiros do PP de Trabada instarán no vindeiro pleno ao goberno local a solicitar ao Goberno do Estado os permisos necesarios para instalar cámaras de vixilancia en puntos clave do municipio para disuadir de determinadas condutas delitivas.

O voceiro popular, José María Fernández, explica que “non se trata de comezar a colocar cámaras en cada esquina” senón que “o idóneo sería, nun primeiro prazo, colocar cámaras nas entradas do termo municipal”, para que, no caso de que se produza algún acto delitivo, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado teñan imaxes para poder esclarecer os feitos. “Contar con imaxes en vídeo ou foto axuda a resolver delitos e atopar aos culpables”, recordou.

Os concelleiros populares realizarán esta petición tras ver como determinados actos non se puideron resolver polo que “o único que buscamos á axudar ás fozas de seguridade no seu traballo”.

José María Fernández recorda que, antes de instalar as cámaras, hai que pedir permiso ao Goberno do Estado polo que “o primeiro paso é obter este permiso”.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...