InicioOrientalTrabadaO PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

José María Fernández recorda que nesta estrada “hai moitos puntos nos que é case imposible que se crucen dous vehículos” polo que agarda que “ademais da renovación do firme realicen o aumento do seu ancho para garantir a seguridade na circulación”

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo” realizado dende o Grupo Municipal do PP de Trabada e dende o Grupo Provincial Popular acadouse o compromiso por parte da Deputación para arranxar a estrada provincial LU-P-6101 (Trabadelo – Sante – A Ría), unha vía que conta cunha elevada densidade de circulación e que precisa dunha renovación.

José María Fernández recorda que nesta estrada “hai moitos puntos nos que é case imposible que se crucen dous vehículos” polo que agarda que “ademais da renovación do firme realicen o aumento do seu ancho para garantir a seguridade na circulación”.

José María Fernández explica que para defender o arranxo desta estrada provincial defendeu, no pleno de setembro de 2024, un rogo instando ao goberno provincial a renovar o firme e aumentar o seu ancho.

A realidade é que esta vía é empregada por moitos veciños de Trabada xa que une Trabadela con Sante e a Ría, ademais de contar cunha gran circulación de maquinaria agrícola e camións que transportan madeira.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...