InicioOrientalTrabadaO PP de Trabada di que a Valedora do Pobo os informou...

O PP de Trabada di que a Valedora do Pobo os informou por carta de que o Concello non lle envía documentación

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, recorda que "en marzo deste ano presentamos un escrito pedindo o amparo da Valedora do Pobo" ante as reiteradas faltas de transparencia que se producen dende o goberno local de Trabada

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que a Valedora do Pobo “remitiunos” unha carta aos concelleiros populares para informarnos de que reiterou a solicitude de información ao Concello de Trabada xa que aínda non remitiu a documentación solicitada.

José María Fernández recorda que “en marzo deste ano presentamos un escrito pedindo o amparo da Valedora do Pobo” ante as reiteradas “faltas de transparencia” que se producen dende o goberno local de Trabada. “No seu momento vímonos na obriga de realizar esta petición de amparo ante a Valedora do Pobo ante as reiteradas ausencias de resposta ás peticións de acceso ao sistema de información Gestiona e a falta de resposta do goberno local indica que algo teñen que agochar”, sinalou.

Para José María Fernández esta forma de actuar do alcalde e o seu equipo de goberno “é perpetuar as mesmas malas praxes do pasado”, ao que engadiu que “queda claro que Trabada precisa aire novo á fronte do goberno local para deixar atrás as políticas ocultistas e carentes de transparencia”.

O voceiro popular de Trabada insiste en que dende o inicio do mandato “veño reiterando, sen éxito, a solicitude de información e documentación do ámbito político local do Concello de Trabada para poder desenvolver a nosa función constitucional de oposición democrática en dita administración, unha actitude grave do ente local, xa que non se toma ningunha medida nin xestión para aportar a notificación e información de toda a actividade municipal nin documentación concretamente solicitada a este grupo municipal para o exercicio da súa función e para o cumprimento do mandato legal de Transparencia, Información Pública e bo goberno, de forma electrónica e a través do Programe Gestiona”.

ÚLTIMAS

O Goberno central asegura que “moi pronto” haberá novas positivas para o futuro de Alcoa

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, mostrouse "convencida" de que "moi pronto"...

O alcalde de Foz delega na concelleira do BNG, Zoraida Coira as competencias na residencia de maiores

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, asinou hoxe, xoves, o decreto para a delegación...

Finalizan as celebracións polo centenario da Confraría de Pescadores de Burela

A confraría de pescadores San Juan Bautista de Burela culminou a celebración do seu...

Os socialistas de Mondoñedo reclaman usar o vehículo de Protección Civil só para emerxencias

Os Socialistas de Mondoñedo emprazan ao PP de Mondoñedo a utilizar o vehículo de...