InicioOrientalTrabadaTrabada informa do remate das obras na vivenda da antiga escola de...

Trabada informa do remate das obras na vivenda da antiga escola de Sante

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada continúa co seu proceso de rehabilitación das vivendas ubicadas nas antigas escolas unitarias das parroquias para darlles un uso social.


Tras un investimento de case 50.000 euros na obra, acaban de rematar os traballos de reforma da vivenda da escola de Sante, unha actuación integral para mellorar as condicións de seguridade, hixiene, salubridade, confort e eficiencia enerxética do inmoble. O proxecto vai con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos 2024 da Deputación de Lugo.


“Esta actuación súmase as que xa se realizaron noutras antigas escolas, como as de Trabadela e Vilapercide, e nas vindeiras semanas darán comezo as obras de reforma da vivenda da antiga escola de Vidal”, explica o alcalde, Rubén García.


“A reforma das antigas escolas rurais para habilitar as súas vivendas cun fin social serve para mellorar os servizos e as infraestruturas nas parroquias, unha prioridade para o goberno local”, engade o alcalde.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...