InicioOrientalTrabadaO Concello e a asociación Trabada Paso a Paso presentan o programa...

O Concello e a asociación Trabada Paso a Paso presentan o programa de sendeirismo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso presentaron o programa de sendeirismo para os próximos meses.

En concreto, durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro realizaranse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no Concello de Trabada (Ruta da Subida ó Picato; Ruta da Fraga da Vilapena; Ruta do Vento; Ruta do Monte Roxal-Teixido, e Ruta Fraga da Becerreira).

Con esta actividade, organizada conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso, queremos dar a coñecer as nosas rutas e potenciar así mesmo os hábitos saudables e o deporte”, explica o alcalde, Rubén García.

“Quero agradecer a boa disposición da asociación de sendeirismo para a elaboración deste programa, potenciando desta forma este turismo de deporte e natureza que é tan característico en Trabada”, engade o alcalde. Nos vindeiros días darase a coñecer toda a información detallada da primeira ruta.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...

Ribadeo aprobará o expediente de expropiación para o novo centro de saúde

Ribadeo aprobará hoxe definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do...