A Capela de San Fernando da parroquia de Valboa será o escenario o xoves 30 de maio da Feira Cabalar de San Fernando.
“Dende o Concello de Trabada queremos continuar coas tradicións locais, como recentemente coa Festa da Enfariñada e agora con esta Feira de San Fernando, que durante moitos anos xuntou a milleiros de veciños”, explica o alcalde, Rubén García.
O programa comezará cunha misa ás 12:00 horas, tras a que haberá exposición de gando equipo e unha exhibición de andadura galega. Haberá estacionamento para cabalos, recinto con carpa música durante toda a xornada e comida campestre con un prezo de 20 euros.
Venta de tickets ata o 25 de maio no Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira e Bar o Porfirio.