InicioOrientalTrabadaTrabada consegue unha subvención para renovar a vivenda de Vidal

Trabada consegue unha subvención para renovar a vivenda de Vidal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada acadou unha subvención do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a renovación da vivenda da antiga escola unitaria da parroquia de Vidal.


O custe total desta actuación ascende a 53.131,20 euros e a axuda obtida é de 46.286,54 euros. O concello aportará 6.844,66 euros.


“Podemos desta forma continuar co proceso de renovación das vivendas das antigas escolas unitarias, como xa fixemos coas de Trabadela, Vilapercide e Sante”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García, que engade que “con esta axuda habilitaremos a vivenda para destinala a uso público e social na parroquia de Vidal”.


As actuacións incluídas na subvención permitirán ao concello, entre outros aspectos, mellorar a eficiencia enerxética da vivenda e, con elo, as súas condicións de seguridade, hixiene e confort.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...