InicioOrientalTrabadaTrabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a renovación da vivenda da antiga escola unitaria da parroquia de Vidal.

“Queremos continuar co proceso de renovación das vivendas das antigas escolas unitarias, como xa fixemos coas de Trabadela, Vilapercide e Sante”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García.

“Agardamos acadar esta axuda para poder habilitar a vivenda e destinala a uso público e social na parroquia de Vidal”, engade.

As actuacións incluídas na subvención permitirían ao concello, entre outros aspectos, mellorar a eficiencia enerxética da vivenda e, con elo, as súas condicións de seguridade, hixiene e confort.

ÚLTIMAS

Alcoa analiza ofertas non vinculantes de posibles compradores

Alcoa atópase analizando ofertas non vinculantes de "potenciais interesados" recibidas polo complexo de San...

‘El Pequeño Nicolás’, absolto do delito de usurpación de funcións e suborno durante a súa viaxe a Ribadeo en 2014

O Tribunal Supremo (TS) acordou absolver a Francisco Nicolás Gómez Iglesias, coñecido como 'El Pequeño Nicolás',...

Remolcan ata Burela un veleiro francés con dous tripulantes

Un veleiro francés, 'Bleiz Ar Mor', con dous tripulantes a bordo, foi remolcado este...

O Concello de Foz envía un comunicado sobre a prestación do servizo da residencia

O Concello de Foz envía un comunicado de prensa sobre a prestación dos servizos...