InicioOrientalTrabadaTrabada celebrará o 1 de Maio o 'Encontro dos nosos maiores'

Trabada celebrará o 1 de Maio o ‘Encontro dos nosos maiores’

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada celebrará un ano máis o seu “Encontro dos nosos maiores”, unha cita festiva e de lecer ao que están convidados tódolos veciños e veciñas maiores de 65 anos e o seu respectivo cónxuxe ou familiar.

Despois dunha vida intensa de traballo, as persoas maiores merecen o noso recoñecemento e por iso o concello organiza esta xornada tan especial, unha homenaxe e un día de fraternidade e reencontros, no que xuntamos a diferentes xeracións e a veciños e veciñas de todas as parroquias”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.

O xantar dará comezo ás 14:00 horas no pavillón municipal de Trabada, con entrega de agasallos e baile posterior.

As persoas interesadas deben inscribirse á maior brevidade posible e, en todo caso, antes do día 24 de abril (mércores) de forma presencial nas oficinas municipais ou ben chamando por teléfono ao número 982 135 011 en horario de 09:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...