InicioOrientalTrabadaTrabada asina un acordo coa Axencia Tributaria para axudar a facer a...

Trabada asina un acordo coa Axencia Tributaria para axudar a facer a declaración da renda

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada asinou un acordo de colaboración coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) para axudar aos veciños e veciñas maiores de 65 anos a facer a declaración da renta.


Trátase en concreto dun acordo para a prestación de servizos de asistencia técnica presencial dirixido á confección das declaracións do IRPF.


“Grazas a este convenio, as persoas maiores de 65 anos do Concello de Trabada poderan facer a súa declaración da renta no propio edificio do concello axudados por un tecnico municipal”, explica o alcalde, Rubén García.


Ao pedir cita na páxina da Axencia Tributaria, aparecerá a opción de facela cos técnicos do Concello de Trabada sen ningún custe.


“Queremos facilitarlle o trámite de facer a declaración aos veciños e veciñas maiores de 65 anos do noso concello”, engade o alcalde.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...