InicioOrientalRibadeoO Concello de Trabada recibe a subvención para a área recreativa de...

O Concello de Trabada recibe a subvención para a área recreativa de Vilapena

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada conseguiu unha axuda de 30.000 euros para construír unha nova área recreativa nunha parcela de propiedade municipal próxima á ruta da Fraga da Vilapena.


Para executar o proxecto, o concello solicitou unha subvención de concorrencia non competitiva (por orde de entrada) á Axencia de Turismo de Galicia. O prazo de presentación das solicitudes abriuse un día ás 12:00 horas e o Concello de Trabada presentou toda a documentación ás 12:02 horas.


“Este é un claro exemplo máis de que o Concello de Trabada consegue as subvencións porque se solicitan en tempo e forma e fanse os proxectos que idea o grupo de goberno adaptados ás ordes que saca a administración autonómica. Sen previsión e planificación previa sería imposible acadar estas axudas”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García.


A parcela na que estará a área recreativa, de propiedade municipal, está situada moi preto do núcleo rural de Vilapena, na parroquia de Vilapena. Está ademais no inicio e no remate da Ruta Circular da Fraga da Vilapena.


“Con esta actuación, ampliaremos a nosa rede de áreas recreativas; ademais, a cercanía da parcela a unha das rutas de sendeirismo máis importantes do concello pon en valor a súa conversión en área de descanso para veciños e visitantes”, engade o alcalde de Trabada.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...