InicioOrientalTrabadaTrabada únese por segundo ano ao programa RuralTic

Trabada únese por segundo ano ao programa RuralTic

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada adhírese por segundo ano consecutivo ao programa Ruraltic para impulsar a formación dixital dos veciños, veciñas e as empresas do concello.
Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana co obxectivo de contribuír a impulsar o medio rural a través da dixitalización. Dende o 2 de abril ata o 12 de abril impartiranse diferentes talleres para veciños e empresas.

A presentación do programa foi esta mañá no Concello de Trabada. Os veciños e veciñas recibirán formación de novas tecnoloxías coa finalidade de superar a barreira tecnolóxica, aumentar a autonomía persoal e reducir a brecha social.


As empresas recibirán asesoramento para mellorar o seu posicionamento no mundo dixital e así fomentar a visibilización dos negocios a través da xestión de aplicacións e páxinas web.
“Dende o goberno municipal invitamos a tódolos veciños, veciñas e empresas do noso concello a participar neste programa. Os participantes do ano anterior quedaron moi satisfeitos e serviulles de moitas utilidade para mellorar os seus coñecementos en ovas tecnoloxías e na utilización de aplicacións móbiles”, asegura o alcalde, Rubén García.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...