InicioOrientalTrabadaTrabada solicita unha nova subvención para renovar a Casa do Concello

Trabada solicita unha nova subvención para renovar a Casa do Concello

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada solicitou unha nova subvención para continuar coas actuacións de mellora e renovación da casa consistorial. Trátase en concreto dunha convocatoria da Vicepresidencia primeira e consellería de Presidencia, Deporte e Xustiza da Xunta, en concorrencia competitiva dentro do Fondo de Compensación ambiental.


“A necesidade da intervención xustifícase na mellora da eficiencia enerxética do edificio municipal, intervindo na envolvente do mesmo coa renovación das carpinterías con acristalamentos de boas características térmicas”, explica o alcalde, Rubén García.

A actuación implicaría a colocación de carpintería exterior de madeira de iroko en portas e fiestras. Nas fiestras colocarase verteaugas no perfil inferior, con soporte de aluminio anodizado e revestimento exterior de madeira.


“Con esta obra poderíamos renovar totalmente o exterior do edificio do concello, tras as obras que xa se realizaron para o cambio da cuberta e o pintado de toda a fachada”, afirma o alcalde.


Desta forma, engade Rubén García, “continuamos coa mellora dos edificios e locais públicos do Concello de Trabada”.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...