InicioPolíticaRiotorto humanizará a área de Ferreiravella coa achega da Xunta

Riotorto humanizará a área de Ferreiravella coa achega da Xunta

Medio Rural investirá 40.000 euros no acondicionamento dos accesos e na pavimentación da zona de visitantes

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), achegará 40.000 euros ao Concello de Riotorto para a humanización da área recreativa de Ferreiravella.

En concreto, o convenio asinado pola Xunta de Galicia e o goberno local riotortense contempla o acondicionamento do acceso e rasanteo de base do aparcamento, a pavimentación da zona de visitantes, a mellora e reparación do equipamento e obras para garantir a seguridade da contorna e os seus elementos.

Agader cumpre con este acordo, asinado polo director, Miguel Pérez Dubois, e o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, un dos seus obxectivos, o de promover a cooperación entre axentes públicos e privados que incidan no desenvolvemento das zonas rurais.

FIXAR POBOACIÓN

A través deste tipo de iniciativas, a axencia dependente de Medio Rural quere facer máis atractivo o campo galego, mellorar a calidade de vida dos seus veciños e así fixar poboación nas áreas rurais. Está especialmente interesada no acondicionamento ou creación de infraestruturas de lecer orientadas a ofertar unha maior gama de servizos aos cidadáns.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...