InicioOrientalRibadeoRibadeo solicita a mellora do peche perimetral da estación de autobuses

Ribadeo solicita a mellora do peche perimetral da estación de autobuses

A directora xeral de Mobilidade xunto ao alcalde visitaron as instalacións durante este mércores

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo solicita a mellora do peche perimetral da estación de autobuses e das zonas verdes desa instalación, que hoxe visitou a directora xeral de Mobilidade xunto ao alcalde, Dani Vega, e concelleiras do equipo de goberno.

O rexedor contou que “hoxe visitounos a directora xeral de Mobilidade. E quixemos acudir á estación de autobuses para analizar todo o que se fixo ata o de agora. Na anterior lexislatura xa se investira por parte da Xunta de Galicia un orzamento para melloras de toda a estación de autobuses e agora o que quixemos tamén foi mellorar certos puntos que había que corrixir, tamén a sinalética e incorporáronse certas fotografías históricas da antiga Empresa Ribadeo”.

Vega dixo que “estas pequeniñas cousas que se fixeron ata o de agora, están ben, valorámolas, valoramos todo o que se fai, pero realmente a reunión hoxe era de importancia, porque vimos de solicitarlle á Xunta de Galicia toda a mellora do peche perimetral da estación de autobuses así como o adecentamento dos espazos verdes da entrada, esa entrada que está o carón mesmo da beirarrúa, que leva moitos anos abandonada, e consideramos que non se podía permitir nin ter nesa situación”.

O alcalde ribadense fixo unha valoración positiva do encontro desta mañá: “a reunión foi frutífera, vamos empezar a mirar orzamentos, a mirar as melloras que se poden facer, máis aló incluso das que solicitamos e pedimos, e polo tanto unha reunión que nos agradecemos á directora xeral que se desprazara a Ribadeo, ver in situ todas as reivindicacións, concretalas e agora empezaremos a traballar desde un punto de vista técnico entre os técnicos do Concello e tamén da Xunta de Galicia. E nesta liña é na que queremos seguir, é dicir xestionar, traballar e concretar melloras para Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...