InicioOrientalRibadeoConcerto de Día de Reis en Ribadeo con María do Ceo

Concerto de Día de Reis en Ribadeo con María do Ceo

Publicada o

- Advertisement -

A cantante portuguesa María do Ceo será a protagonista do Concerto de Reis de Ribadeo, que se celebrará mañá na igrexa parroquial.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, manifestou que “mañá sábado, 3 de xaneiro, ás nove menos cuarto da noite na igrexa parroquial teremos o tradicional Concerto de Reis. Nesta ocasión deleitaranos coa súa voz a cantante portuguesa María do Ceo, interpretando panxoliñas e outras obras. A Coral Polifónica de Ribadeo acompañará a María do Ceo nalgunhas pezas. Vémonos todos na igrexa”.

María do Ceo estará acompañada por José Salgado (viola de fado), Álex Salgado (guitarra portuguesa) e Alejandro Firvida (piano).

CABALGATA DE REIS

Todo está listo en Ribadeo para Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro luns, 5 de xaneiro, a partires das 18:00 horas.

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “as súas Maxestades de Oriente sairán nas súas carrozas desde a rúa Clemente Matínez Pasarón para percorrer acompañados de todo o seu séquito as principais rúas de Ribadeo”.

A edil ribadense subliña que “hai moito traballo detrás de todo o que as familias van poder ver na rúa o vindeiro luns, 5 de xaneiro. O Concello organiza esta cita coa que colaboraron moitas persoas voluntarias ao longo das últimas semanas ás que hoxe lles queremos agradecer todo o traballo e o apoio. Ao igual que ás empresas de Ribadeo, polas súas achegas como patrocinadores ou colaboradores, canalizadas a través de Acisa Ribadeo, a quen tamén lle agradecemos desde o Concello a súa labor. Todos xuntos tentamos darlle un aire novo á Cabalgata de Reis de Ribadeo para que luza diferente e o máis bonita posible”.

Marta Saiz indica que “unha vez rematado o percorrido Melchor, Gaspar e Baltasar dirixiranse ata o Concello de Ribadeo e desde o balcón saudarán aos presentes. E xa despois será cando se trasladen ao Salón dos Alcaldes para recibir a todas as nenas e os nenos que queiran achegarse a velos e a facer fotos con eles”.

A concelleira de Comercio de Turismo, Marta Saiz, engade: “son unha tarde e unha noite moi especiais para os máis pequenos da casa e consideramos que Ribadeo creará toda a maxia que unha cita deste tipo precisa”.

Marta Saiz e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, animan “a encher as rúas de Ribadeo o vindeiro luns, 5 de decembro, a partir das 18:00 horas para que as súas Maxestades de Oriente se sintan arroupados e queridos. Veñen de moi lonxe e agárdaos unha longa noite de reparto de agasallos por todos os fogares ribadenses”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...