InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo entre os vales de compra do sorteo feito con Ribadeo...

ACISA Ribadeo entre os vales de compra do sorteo feito con Ribadeo FC

Con esta campaña o comercio reforza o seu compromiso coa economía local, fomentando a fidelización dos clientes e dinamizando as compras nos negocios de proximidade

Publicada o

- Advertisement -

Entregados os vales de compra sorteados por Acisa e o Ribadeo FC nesta campaña de colaboración entre ambas as entidades. En xogo puxéronse 800 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao colectivo empresarial.

Ana Fernández López, de Ribadeo, é a posuidora da papeleta número 988 e por tanto a gañadora do premio de 200 euros.

Mayra Fernanda, de Ribadeo, posuidora da papeleta número 1515 é a gañadora do premio de 150 euros.

Antonio Fernández, de Ribadeo, posuidor da papeleta número 515 é o gañador do premio de 50 euros, que foi recollido nas instalacións de Acisa pola súa irmá.

E Carmen Rivero, da Pontenova, é a posuidora da papeleta número 812, dotada dun premio de 50 euros.

O terceiro premio de 50 euros quedou deserto tras a celebración do primeiro sorteo e procedeuse a sortear na mañá deste luns, 26 de maio. O número afortunado é o 948. A persoa que teña no seu haber esta papeleta ten ata o 30 de maio para reclamar o seu premio nas instalacións de Acisa.

O pasado 11 de maio no estadio municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, celebrouse o primeiro sorteo desta campaña. Foi á conclusión do partido que disputaron o Ribadeo FC e o Sofán. O 967 foi o número gañador de 300 euros en vales de compra, que recibiu alí mesmo ao afortunado.

Días azuis

Ata o 10 de xuño ten lugar unha nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que organizan a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta coa colaboración de Abanca e das asociacións de comerciantes e dos CCA, como é o caso de Acisa Ribadeo.

Durante estas semanas, os clientes que realicen compras en establecementos participantes poderán rexistrar os seus tickets en www.diasazuis.com/www.diasazuis.com/comercios, duplicando a súa participación llo comercio realiza o rexistro pola súa conta. Entre todos os participantes sortearanse 20.000 euros en premios, distribuídos en 44 tarxetas prepago de 250 euros cada unha (11 por provincia) e 60 tarxetas de 150 euros cada unha (15 por provincia).

Como principal novidade, no acto de entrega de premios, que terá lugar o 26 de xuño ás sete da tarde na Cidade da Cultura, en Santiago, realizarase un sorteo en directo dun gran premio final de 3.000 euros, que o gañador poderá gastar nunha única xornada de compras na localidade da súa elección.

Con esta campaña o comercio reforza o seu compromiso coa economía local, fomentando a fidelización dos clientes e dinamizando as compras nos negocios de proximidade.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...