InicioOrientalTrabadaO Concello de Trabada solicita financiamento para mellorar estradas e camiños municipais

O Concello de Trabada solicita financiamento para mellorar estradas e camiños municipais

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou a importancia desta iniciativa para seguir mellorando as infraestruturas locais

Publicada o

- Advertisement -


O Concello de Trabada vén de solicitar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) o plan Camiña Rural 2025-2026, co cal se mellorarán diferentes estradas e camiños nas parroquias de Vidal, Sante e Ría de Abres. O importe total do proxecto ascende a algo máis de 70.000 euros.

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou a importancia desta iniciativa para seguir mellorando as infraestruturas locais. “Estas actuacións únense a outras que se van levar a cabo nos próximos meses, coas cales queremos continuar coa mellora das nosas vías municipais”, destacou.

Os barrios nos que se executarán as melloras específicas son Carril, A Retorta, Pacios e Follabal, reforzando así o compromiso do Concello coa accesibilidade e seguridade viaria da veciñanza.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...