InicioOrientalRibadeoRibadeo acolleu a asemblea xeral ordinaria de concellos indianos

Ribadeo acolleu a asemblea xeral ordinaria de concellos indianos

O alcalde, Dani Vega, sinalou que “estamos encantados de acoller a celebración desta Asemblea da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico, á que pertence Ribadeo"

Publicada o

- Advertisement -

O Salón dos Alcaldes acolleu hoxe a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico, na que os asistentes abordaron cuestións como o establecemento das cotas para o exercicio de 2025, a inclusión na web da Rede do Concello de Ribadeo e a actualización dos contidos de todos os municipios, a proposta de elaboración dun novo vídeo promocional ou a posta en marcha de talleres de liado de tabaco, salazón e elaboración de mojitos.

O alcalde, Dani Vega, sinalou que “estamos encantados de acoller a celebración desta Asemblea da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico, á que pertence Ribadeo. Somos porta norte de acceso a Galicia, somos municipio acolledor, que recibe cos brazos abertos a quen nos recibe, e contamos cunha cita, o Ribadeo Indiano, que neste 2025 cumpre 10 anos. Aproveitamos a ocasión para convidar a asistir a todos os Concellos que forman parte desta Rede”.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...