InicioOrientalRibadeoACISA recibiu a visita da directiva do Club de Remo de Ribadeo

ACISA recibiu a visita da directiva do Club de Remo de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Acisa recibiu a visita da directiva do Club de Remo Ribadeo, que lle fixo entrega dun agasallo como agradecemento pola súa colaboración económica no último ano.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos foi un dos patrocinadores cos que contou o Club de Remo Ribadeo.

Acisa renovará o seu apoio a este club ribadense nas vindeiras semanas. A presidenta, Carmen Cruzado, deséxalles “moitos éxitos e moita sorte ás rapazas e rapaces do Club de Remo de Ribadeo na nova tempada” e agradécelles que “o nome de Acisa e o de Ribadeo suban aos podios dos campionatos nos que participan. Sempre é un orgullo saber dos seus bos resultados, que son un premio a todo o esforzo que realizan”.

En Acisa reuníronse o presidente e a tesoureira do Club de Remo Ribadeo, Jesús Carreira e Beatriz Irigoyen, coa presidenta e o xerente da asociación empresarial, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, que agradeceu o detalle recibido: “os seus éxitos son os nosos. Estamos moi contentos por todas as medallas logradas e agardamos que consigan moitas máis”.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...