InicioOrientalRiotortoO BNG de Riotorto denuncia a falta

O BNG de Riotorto denuncia a falta

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Riotorto denuncia o deterioro do servizo de atención primaria no municipio. Nos últimos dous anos e medio, pasou de ter dous médicos no centro de saúde a contar con só un que non é substituído en periodos de vacacións ou días de libranzas.


Os nacionalistas sinala que Riotorto leva dúas semanas sen persoal médico no centro de saúde polas mañás, no horario de atención habitual neste servizo. “Só se fan consultas os martes e os xoves pola tarde, durante catro horas”.


O BNG de Riotorto denuncia que “a Xunta do Partido Popular está sometendo aos centros de saúde a unha incerteza e a un desgaste que ten como único obxectivo expulsar á xente da atención primaria e da sanidade pública, e converter a saúde nun negocio”.


Tamén apuntan a “complicidade dun goberno municipal que se borra á hora de reclamar o dereito da veciñanza a unha atención continuada no seu centro de saúde, pero tamén á hora de informar sobre os horarios e a situación dun servizo fundamental para todas e todos”.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...