InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo sorteou os premios da Campaña 'Volta ao Cole'

ACISA Ribadeo sorteou os premios da Campaña ‘Volta ao Cole’

O xerente de ACISA, Jesús Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo fíxose a porta cerrada nas oficinas de Acisa e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo"

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da campaña da Volta ao Cole. Trátase dun colgante exclusivo de prata de lei con madreperla, un reloxo Time Force e 100 euros en vales e compra para gastar nos establecementos asociados.

Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe realizamos o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña da Volta ao Cole. Os números agraciados son o 1.116, entregado en Os Irmandiños e que corresponde ao premio dun colgante de prata de lei exclusivo con madreperla cortesía de Galería Terra Branca; o 2.791 que foi entregado en Hola Ola e que corresponde ao reloxo Time Force modelo Status Chrono, valorado en 300 euros, doado por Xoiería Azabache; e o 868 que foi entregado en Kids & Us, valorado en 100 euros en vales de compra”.

Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo fíxose a porta cerrada nas oficinas de Acisa e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8.000”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “as persoas posuidoras das rifas gañadoras teñen ata o dia 27 de setembro para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo en horario de 09:30 a 14:30 horas”.

Cruzado Iglesias agradeceu “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar no comercio asociado para a volta ao cole e para a tempada de outono. Agardamos seguir contando co seu apoio. E queremos agradecer especialmente a Azabache e a Terra Branca a súa colaboración”. E lembrou que “ata o 30 de setembro segue activa a campaña da Federación de Comercio, Merca no Teu Comercio, coa a que Acisa colabora. En xogo estarán 50 premios de 200 euros, polas compras que se rexistren nos comercios asociados. E como non a campaña das panchas na que colaboramos desde a nosa asociación co Concello de Ribadeo e na que a dia de hoxe hai preto de 80 negocios adheridos dos que arredor do 70 % son asociados de Acisa”.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...