InicioOrientalRibadeoAmadores da Música de Ribadeo celebra este sábado a súa asemblea xeral

Amadores da Música de Ribadeo celebra este sábado a súa asemblea xeral

Publicada o

- Advertisement -

A asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, celebrará asemblea xeral ordinaria de socios este sábado, día 16 de marzo, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo. Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe a renovación da xunta directiva do colectivo.

Na asemblea tamén se tratarán estes outros asuntos: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...