InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo dita un bando para pasar a ITV de...

O Concello de Ribadeo dita un bando para pasar a ITV de vehículos agrícolas

O concelleiro de Medio Rural, Diego dos Santos, explicou que “a Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos estará no municipio de Ribadeo os días 28 e 29 de setembro e o 2 de outubro realizando unha inspección técnica de vehículos agrícolas”.

Publicada o

- Advertisement -

Os días 28 e 29 de setembro en Cedofeita e o 2 de outubro en Vilaframil terá lugar a inspección técnica de vehículos agrícolas.

O concelleiro de Medio Rural, Diego dos Santos, explicou que “a Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos estará no municipio de Ribadeo os días 28 e 29 de setembro e o 2 de outubro realizando unha inspección técnica de vehículos agrícolas”.

O edil ribadense contou que “o día 28 será en Cedofeita en horario de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. E o 29 tamén en Cedofeita de 9 a 13:30 horas. Esa Unidade Móbil trasladarase o 2 de outubro a Vilaframil, onde estará 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas”.

Diego dos Santos engadiu que “as citas poderán concertarse a través da web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias”.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...