InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo colabora outro ano máis coa Agrupación de Cáritas Ribadeo na...

ACISA Ribadeo colabora outro ano máis coa Agrupación de Cáritas Ribadeo na recollida solidaria de alimentos para Nadal

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado dixo que “tras a boa acollida das recollidas de alimentos dos anos anteriores e atendendo á petición de Cáritas en Ribadeo, desde Acisa consideramos que debíamos repetir esta iniciativa solidaria".

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 21 establecementos asociados a Acisa participan nesta iniciativa que se prolongará ata o 19 de decembro baixo o lema Somos lo que damos, somos amor.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “trátase dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comeza hoxe, 18 de novembro, e prolongarase ata ou 19 de decembro”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado dixo que “tras a boa acollida das recollidas de alimentos dos anos anteriores e atendendo á petición de Cáritas en Ribadeo, desde Acisa consideramos que debíamos repetir esta iniciativa solidaria, que se basea en que todo aquel veciño ou veciña de Ribadeo que o desexe pode levar aos máis de vinte puntos de recollida, unha pequena colaboración en forma de alimento para que posteriormente Cáritas os reparta entre as persoas que o precisen”.

Pérez Prada sinalou que “segundo nos din desde Cáritas o que máis se necesita son alimentos básicos non perecedoiros como pasta, arroz, legumes, cacao, leite cun marxe longo de caducidade, potitos, galletas, cereais ou aceite”.

Cruzado Iglesias manifestou que “non nos costa nada colaborar e así axudar a moitas persoas. Chega o Nadal e todos podemos poñer o noso gran de area. Agora que comezaremos a mercar para as vindeiras festas navideñas lembremos a quen máis o necesita e axudémoslle con algo tan básico como son os alimentos”.

Os establecementos que participan nesta campaña solidaria son: Mercería Torviso, Panadería Torviso, El Rincón del Gordo, Kids&Us, Bar Queimada, Faro Norte Comunicación, Opticalia, Ribamueble, For Friends, R23, Farmacia Álvarez Lebredo, Galipizza, Xeito, Sargadelos, La Moda Joven, Farmacia Mª Euguenia Hermida, Fauna, Ginzo, Os Irmandiños, Susana Moreira y Hotel Restaurante Javier Montero.

Na presentación da campaña participaron por Lourdes Prada e Conchita Fernández, de Cáritas, e Jesús Pérez e Carmen Cruzado, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...