InicioOrientalRibadeoRibadeo segue coas obras do carril bici na estrada do faro e...

Ribadeo segue coas obras do carril bici na estrada do faro e noutros camiños públicos

Desde o goberno local piden compresión ante as molestias que poden coasionar estes movementos de maquinaria.

Publicada o

- Advertisement -

s obras do carril bici están na recta final polo que estes días hai despregada moita maquinaria na estrada do Faro e en camiños municipais de Vilaselán. O alcalde, Fernando Suárez, pide comprensión polas molestias que se ocasionen.

O rexedor anunciou que “están na recta final as obras de creación deste carril bici tan importante para Ribadeo. O pasado xoves, este venres e para a semana que vén estará despregada unha grande cantidade de maquinaria na Estrada do Faro e en varios camiños municipais da parroquia de Vilaselán polo que seguramente poida haber problemas de mobilidade e de acceso a varios puntos da vila. É por isto que queremos advertir ao tempo que pedir comprensión durante estes momentos intensos de traballo porque estamos seguros de que o resultado deste esforzo vai ser de moito agrado para toda a veciñanza”.

Fernando Suárez explicou que “con este ambicioso proxecto de arranxo do firme da estrada que vai ao Faro quixemos aproveitar para facer un circuíto de carril bici para o uso e desfrute da cidadanía en todos os segmentos de idade. Debemos lembrar tamén que esta nova ruta vai partir desde a Praia dos Bloques, discorrendo polo Paseo Marítimo, por Porcillán, subirá até enlazar coa estrada ao Faro e completarase esta ruta circular polos camiños de Campoxurado, en Vilaselán, até o encontro coa estrada provincial”.

O rexedor municipal ribadense lembrou que “houbo moito traballo neste proxecto, moitos problemas, posto que nos meses anteriores tivemos que chegar a rescindir o contrato coa empresa que o levaba por incumprimento das cláusulas. Tivemos que volver licitalo e agora, con esta nova empresa, estamos a traballar coordinadamente para poder rematar as obras en prazo e xustificalas diante da Deputación de Lugo, que nolas cofinancia nun 78 por cento dos 320.000 euros aos que ascende o proxecto”.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...