InicioOrientalRibadeoNovo marcador de grandes dimensións para o pavillón da Avenida de Luarca...

Novo marcador de grandes dimensións para o pavillón da Avenida de Luarca en Ribadeo

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, contou que “xa leva instalado e funcionando un novo marcador no pavillón da Avenida de Luarca. Era unha guinda que lle faltaba a esta instalación punteira tanto na Mariña, como na provincia ou no país".

Publicada o

- Advertisement -

O pavillón da Avenida de Luarca conta cun novo marcador de grandes dimensións e de tecnoloxía led. O investimento ascendeu a 31.500 euros. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliña que esta mellora apoiará e axudará ao desenrolo do deporte en Ribadeo.

O edil ribadense contou que “xa leva instalado e funcionando un novo marcador no pavillón da Avenida de Luarca. Era unha guinda que lle faltaba a esta instalación punteira tanto na Mariña, como na provincia ou no país. Incluso me atrevo a dicir que pode competir con calquera do estado”.

Díaz Freije subliñou que “é un marcador de grandes dimensións, con pantalla led de última xeración. O orzamento foi de 31.500 euros, 24.000 foron postos pola Xunta de Galicia, a través do Servizo de Deportes, e desde Ribadeo estimamos e agradecemos este esforzo. E o Concello de Ribadeo puxo os 7.500 euros restantes”.

O concelleiro de Deportes engadiu: “esperemos que así todas estas actividades deportivas que se fan como por exemplo ximnasia rítmica, baloncesto, tenis de mesa, artes marciais, etc, lles serva de apoio. Isto tamén pode posibilitar a celebración doutro tipo de eventos para que Ribadeo saque o maior froito desta instalación e deste elemento que ven apoiar e axudar ao desenrolo do deporte no noso concello”.

Ata o pavillón da Avenida de Luarca se achegaron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Deportes, Economía e Obras, Jorge Díaz, Pablo Vizoso e Mónica Freire.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...