InicioOrientalRibadeoRibadeo ofrece un vídeo onde se poden ver as obras que...

Ribadeo ofrece un vídeo onde se poden ver as obras que están en marcha nestes momentos

O alcalde, Fernando Suárez, aludiu este sábado “a algunhas das cousas nas que desde o Goberno Municipal andamos afanados nestes tempos”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo muda de imaxe en varias zonas coas obras que están en marcha. O alcalde, Fernando Suárez, compartiu un vídeo nas súas redes sociais no que se ven todos os proxectos que están en marcha neste momento.

O rexedor aludiu este sábado “a algunhas das cousas nas que desde o Goberno Municipal andamos afanados nestes tempos”.

E esas accións pódense ver nun vídeo colgado nas súas redes sociais. Trátase das obras do carril-bici na estrada do Faro e en Campoxurado; as obras de ampliación da ponte de Feve que executa a Deputación de Lugo; as obras de construción das pistas multideporte na mazá interior entre a Avenida de Galiza e as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros; as obras no barrio da Pega, Veaigadaria e Río do Amalló; as obras da área recreativa da Vilavella; e o aglomerado da estrada dos Fornos, en Remourelle, para a conexión coa do veciño Concello de Barreiros.

Suárez Barcia declarou que “as melloras en Ribadeo seguen e a creación de novas infraestruturas tamén”.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...