IniciosociedadeRibadeo abre os obradoiros sobre habilidades para a vida desenvolvidos polo programa...

Ribadeo abre os obradoiros sobre habilidades para a vida desenvolvidos polo programa de prevención de drogodependencias

Vanse realizar ao longo de todo o curso en 5º e 6º de Primaria dos seguintes centros educativos: CEIP Gregorio Sanz, de Ribadeo; Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo; CEIP Celso Currás, de Trabada; CEIP Plurilingüe de A Pontenova; CEIP de San Miguel de Reinante; e CEIP de San Cosme de Barreiros.

Publicada o

- Advertisement -

Onte comezaron os obradoiros sobre Habilidades para a vida, desenvolvidos polo Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos da Concellaría de Servizos Sociais.

Vanse realizar ao longo de todo o curso en 5º e 6º de Primaria dos seguintes centros educativos: CEIP Gregorio Sanz, de Ribadeo; Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo; CEIP Celso Currás, de Trabada; CEIP Plurilingüe de A Pontenova; CEIP de San Miguel de Reinante; e CEIP de San Cosme de Barreiros.

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, sinalou que “a educación en Habilidades para a Vida pretende dotar a cada persoa dunha batería de recursos persoais que lle axuden a obter o mellor de si mesmas, do seu mundo relacional e do entorno social, contribuíndo a previr riscos psicosociais de diversa natureza (abuso de drogas, acoso escolar,etc)”.

A 1ª sesión trata sobre a autoestima e o autoconcepto, e a metodoloxía usada son audiovisuais e dinámicas de grupo co alumnado. En total participan 158 alumnas e alumnos de 10 a 13 anos. A maioría teñen 11.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...