InicioOrientalRibadeoMusicoterapia en Ribadeo para os e as maiores residentes no CAM

Musicoterapia en Ribadeo para os e as maiores residentes no CAM

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, sinalou que “o obxectivo de todas as accións que se están a organizar na nova residencia de Ribadeo pretenden que as persoas residentes estean activas e entretidas, sobre todo as dependentes, que son as que menos poden saír ao exterior debido ás súas circunstancias persoais. Están pensadas e deseñadas para todas e todos”.

Publicada o

- Advertisement -

As e os residentes do Centro de Atención ás Persoas Maiores, de Ribadeo, contan desde onte cunha nova actividade. Trátase de musicoterapia.

Terá lugar unha vez á semana. Polo momento está deseñada de xeito que unha semana a sesión estará dirixida ás persoas dependentes e á seguinte desenvolverase coas persoas máis autónomas.

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, sinalou que “o obxectivo de todas as accións que se están a organizar na nova residencia de Ribadeo pretenden que as persoas residentes estean activas e entretidas, sobre todo as dependentes, que son as que menos poden saír ao exterior debido ás súas circunstancias persoais. Están pensadas e deseñadas para todas e todos”.

A edil ribadense lembrou que “no CAM xa houbo magostos, churrascadas, teatro, actuacións musicais e nesa liña seguiremos”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...