IniciosociedadeA Aula CEMIT de Ribadeo impartirá un curso presencial sobre a sede...

A Aula CEMIT de Ribadeo impartirá un curso presencial sobre a sede electrónica da Xunta

Desde a organización sinalan que a través deste curso coñecerase o funcionamento interno dunha das sedes electrónicas máis utilizadas en Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial sobre a sede eletrónica da Xunta. Será o 20 de setembro en horario de 18 a 20 horas.

Desde a Aula CeMIT explican que “hoxe en día cada vez son máis as persoas que se relacionan de xeito telemático coa administración, e o abanico de trámites que se fan a través das diferentes sedes electrónicas dos organismos non fai máis que medrar”.

E engaden que “a través deste curso, coñecerase o funcionamento interno dunha das sedes electrónicas máis utilizadas en Galicia. Aprenderán cómo facer instancias, trámites, achegar documentación e moitos máis conceptos que serán explicados dun xeito que todo o mundo o poida asimilar”.

As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza no teléfono 982 120 732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...