InicioSucesosA "altura do mastro" e o "mar picado", detrás da traxedia do...

A “altura do mastro” e o “mar picado”, detrás da traxedia do mozo electrocutado no Río Grande

A alcaldesa en funcións de Ribadeo¡, Mónica Ferreiro, trasladou o seu "profundo sentir" pola perda.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa en funcións de Ribadeo, Mónica Freire, apunta que a altura do mastro, o mar picado e a preamar “parecen estar detrás da traxedia” que acabou coa vida dun mozo electrocutado mentres navegaba pola desembocadura do Río Grande.

En todo caso, aclara que hai unha investigación aberta por parte da Garda Civil. “Eu recibín unha chamada do 112 na que me informan do accidente dun veleiro no que ían tres persoas e que unha estaba ferida. Ese rapaz que resultou electrocutada foi atendido nun primeiro momento en Castropol e despois derivado ao Hospital de Jarrio, onda na puideron facer por salvarlle a vida”, engadiu.

En todo caso, a rexedora en funcións desta que “lamenta moito o sucedido” e que o consistorio xa lle trasladou o pesar á familia e ás amizades do falecido.

A embarcación, que navegaba entre o límite de Galicia e Asturias, á altura das vías do tren, era habitual da zona, pois a familia, a pesar de vivir en Navarra, “é moi coñecida no concello porque teñen aquí, en Ribadeo, a súa segunda residencia”. A nacionalista asegura que os outros dous tripulantes están ben e se atopan fóra de perigo.

ÚLTIMAS

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...